O Concello instala nas piscinas cubertas un sistema pioneiro de tratamento de auga máis beneficioso para a saúde e o medio ambiente

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou que “non só beneficiará aos usuarios con problemas de pel ou respiratorios, tamén suporá unha mellora na eficiencia enerxética”. 

Conta cun orzamento de 50.658 euros e céntrase na desinfección dos vasos mediante radiación ultravioleta, que reduce o uso do cloro nun 75%.

O tratamento por ultavioleta é o sistema máis eficaz que existe no mercado a día de hoxe, para a prevención da legionella.

Venres, 03 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello instala nas piscinas cubertas un sistema pioneiro de tratamento de auga máis beneficioso para a saúde e o medio ambiente

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de deportes, Mauricio Repetto, visitaron un dos tres vasos das piscinas climatizados municipais, concretamente o de Frigsa, tras a implantación dun sistema de tratamento de auga mediante luz ultravioleta, que reduce o uso do cloro ata un 75%, “o que, entre outros moitos beneficios, suporá unha mellora para os usuarios e traballadores das instalacións con problemas respiratorios, de pel ou de irritación de ollos, aos que a acción do cloro lles prexudica”, sostivo a rexedora.

Ademais das vantaxes para a saúde, suporá incrementar a eficiencia enerxética, xa que conlevará aforros importantes en renovación de auga e de quecemento da mesma, “co que contribuiremos á mellora medioambiental e minoraremos os custes económicos”, aclarou Lara Méndez, que fixo fincapé en que “tamén nesto damos pasos cara o modelo de cidade sostible e verde na que estamos a traballar, á vangarda na loita contra o cambio climático”.

Con este sistema, no que se investiron 50.658 euros, “na área de Deportes continúamos a mellorar as dotacións municipais co fin de ofrecer aos usuarios unhas instalacións deportivas, neste caso acuáticas, de calidade”, aseverou Mauricio Repetto. O tratamento utílizase tanto nas piscinas de Frigsa como das Pedreiras.

Destacar que o uso deste sistema é máis seguro e san, á vez que mellora o aspecto da auga, sendo esta máis clara e cristalina, diminúe o cheiro a cloro deixando un ambiente fresco e limpo e, “outro aspecto moi importante é que o tratamento por ultavioleta é o sistema máis eficaz que existe no mercado a día de hoxe para a prevención da legionella, dado que o mesmo afecta o ADN das bacterias, de tal forma que non se poden reproducir. Por iso, cun equipo deste tipo, non sería posible que se formasen colonias de legionelosis” finalizaba o edil.

Multimedia

  • O Concello instala nas piscinas cubertas un sistema pioneiro de tratamento de auga máis beneficioso para a saúde e o medio ambiente

Noticias relacionadas