O Desafío Ciclista volta a Lugo en maio, arrincando dende a Praza Maior

Miguel Fernández participou na presentación do IX Desafío Volta a Lugo, unha proba deportiva na que se darán cita ao redor de 400 ciclistas

Luns, 07 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Desafío Ciclista volta a Lugo en maio, arrincando dende a Praza Maior

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, o patrono da Fundación TIC, Álvaro Santos, o concelleiro de deportes de Sarria, Efrén Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, o presidente do comité organizador, José María Seijas e o director da proba, Santiago Seijas, presentaron este luns no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos o IX Desafío Volta a Lugo, co que colabora o Concello. Trátase dunha proba deportiva que arrIncará da Praza Maior o 20 de maio e que terá unha duración de tres días, ata o 22 de maio, con saídas de chegadas en diferentes puntos da provincia luguesa, como en Muras e Sarria. Este evento cicloturístico, un dos poucos en España que dura máis dun día, está dividido en 3 etapas que suman uns 350 quilómetros de distancia.

No acto de presentación, Fernández puxo en valor a oportunidade que supón para a cidade acoller esta proba deportiva, “un escaparate único do patrimonio de Lugo”, pois este evento difúndese a través dde revistas especializadas, portais webs de ciclismo e redes sociais, entre outros. Segundo estimacións dos organizadores, a páxina web do desafío ten 12.500 visitas e a proba conta con 1.800 seguidores en Facebook. Os organizadores estiman 800 mensaxes en foros especializados sobre a volta ciclista, 35.000 lectores da revista na que aparece este desafío, o que garante a difusión da riqueza da cidade.

No IX Desafío participarán uns 400 ciclistas, sen contar os seus medios técnicos e os acompañantes, “400 persoas que logo poderán exercer de embaixadores de Lugo”, tal e como subliñou o edil ao tempo que remarca o aposta do Concello pola actividade turística e o deporte. “Acoller este acontecemento segue ademais a liña de traballo municipal para impulsar o turismo cultural, gastronómico e accesible como motor económico da cidade e a súa aposta polo deporte, en todas as súas modalidades e para todas as idades”; aseverou Fernández. 

Multimedia

  • O Desafío Ciclista volta a Lugo en maio, arrincando dende a Praza Maior

Noticias relacionadas