O gañador do sorteo da campaña Súbete á moto de Comercio Galicia recibe o seu premio

Lara Méndez, Pablo Rivera e José María Seijas fixeron entrega dunha moto a José Alberto Lamas e un recoñecemento a Tobarix como comercio destacado nas vendas

Venres, 13 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O gañador do sorteo da campaña Súbete á moto de Comercio Galicia recibe o seu premio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, entregaron este venres na praza Maior o premio do sorteo da campaña Súbete á moto de Comercio de Galicia, coa que colabora o Concello. O gañador deste sorteo foi José Alberto Lamas, que recibiu unha moto. Ademais, a tenda de Tobarix conseguiu un recoñecemento como comercio destacado nas vendas durante a campaña de Nadal.

Noticias relacionadas