O goberno de Lara Méndez convida a coñecer o patrimonio lucense a través das visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme

A inscripción debe levarse a cabo enviando un correo á dirección dusilugo@lugo.gal indicando o nome e un teléfono ou e-mail de contacto.

As visitas guiadas e gratuitas, terán lugar os xoves, venres e sábado, contarán con 20 prazas dispoñibles en cada quenda.

Luns, 30 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O goberno de Lara Méndez convida a coñecer o patrimonio lucense a través das visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme

Continuan no mes de setembro as visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme, actividade impulsada polo Goberno de Lara Méndez co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural desta zona da cidade, pola que discorren, ademais, o Camiño Primitivo de Santiago e a Vía Romana XIX, unha actividade gratuíta que terá lugar tódolos xoves, venres e sábado, iniciativa.

As sondaxes (fronte a Porta Miñá), enmarcadas na estratexia Dusi Muramiñae – financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, ocupan unha superficie de 65 m², e corresponden a diferentes etapas históricas, estando o principal vencellado a unha edificación romana.

As visitas guiadas e gratuitas, terán lugar os xoves, venres e sábado, contarán con 20 prazas dispoñibles en cada quenda.

  • 2, 3 e 4 de setembro ás 18:00 horas.
  • 9, 10 e 11 de setembro  ás 18:00 horas.
  • 16, 17 e 18 de setembro ás 18:00 horas.
  • 23 e 24 de setembro ás 18:00 horas e 25 de setembro ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.
  • 30 de setembro e 1 de outubro ás 18:00 horas e sábado 2 de outubro ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.

Os interesados deberán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección dusilugo@lugo.gal indicando o seu nome e un teléfono ou e-mail de contacto, a través do que se lles confirmará a dispoñibilidade para o día e hora solicitada.

Lembrar, que dende a páxina web municipal www.concellodelugo.gal é posible acceder ao Catálogo Arqueolóxico Lvcvs Avgvsti https://arqueolucus.gal/catalogo/gl_index.html no que se atopan recollidos os principais materiais arqueolóxicos do Lugo romano, combinando información textual cos modelos en 3D das pezas arqueolóxicas dixitalizadas.

Multimedia

  • O goberno de Lara Méndez convida a coñecer o patrimonio lucense a través das visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme

Noticias relacionadas