O Goberno local reúnese co tecido asistencial para avanzar nas funcionalidades da nova Oficina Municipal de Intermediación do Voluntariado

A responsable da concellería de Benestar Social, Olga López Racamonde, informou sobre o sistema deseñado para implementar aspectos incluídos neste servizo como a axuda á captación ou á formación.

O obxectivo desta iniciativa, que se atopa na súa última fase de tramitación, é dinamizar a acción social e reforzar o traballo dos colectivos a nivel local.

Venres, 09 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local reúnese co tecido asistencial para avanzar nas funcionalidades da nova Oficina Municipal de Intermediación do Voluntariado

A responsable da concellería de Benestar Social, Olga López Racamonde, reuniuse esta mañá co tecido social da cidade para avanar o funcionamento da nova Oficina Municipal de Intermediación do Voluntariado. O obxectivo desta iniciativa, que se atopa na súa última fase de tramitación, é dinamizar a acción social e reforzar o traballo dos colectivos a nivel local. “Insistimos en que é prioritario prestar un soporte integral ao tecido asociativo lucense. As nosas entidades están a realizar un gran labor para toda a veciñanza e, de forma a particular, para os colectivos máis vulnerables. Do mesmo xeito, precisamos canalizar todo o capital humano que atesoura Lugo e que está disposto a contribuír aportando a súa dedicación e o seu tempo na medida das súas posibilidades. A acción voluntaria toma cada día maior presenza na nosa sociedade con base ao crecemento da conciencia solidaria da cidadanía”, sinalou a concelleira.

López Racamonde informou ás entidades sociais sobre o sistema deseñado polo persoal técnico municipal para implementar funcionalidades incluidas neste sevizo como a axuda á captación, á formación ou a propia coordinación, aspectos claves no seu funcionamento que pemitirán establecer liñas estratéxicas comúns. “Así, por medio desta ferramenta, entre outros moitos aspectos, desde o Goberno local facilitaremos a xestión de espazos municipais e recursos técnicos para desenvolver actividades de formación e  deste xeito poder cubrir as necesidades que neste sentido poidan ter os colectivos, xa que este aspecto e un requisito obrigatorio para toda persoa que vaia a comezar unha acción voluntaria”, indicou a edila.

Así mesmo, esta ferramenta permitirá á Administración local poñer en contacto ás persoas interesadas en realizar un voluntariado concreto coas asociacións que levan a cabo ese labor asistencial. “Deste xeito, fomentaremos a participación e permitiremos que moita xente se decida a contribuír nun momento no que é moi necesario reforzar ás asociacións no seu traballo en eidos de gran valor estratéxico para nós como son o educativo, o asistencial ou a integración social”, concluíu Racamonde.

Multimedia

  • O Goberno local reúnese co tecido asistencial para avanzar nas funcionalidades da nova Oficina Municipal de Intermediación do Voluntariado

Noticias relacionadas