O PIT despide aos nenos e nenas dun novo curso de verán de seguridade viaria, organizado polo Concello e a DXT

A Alcaldesa clausurou as actividades, nas que participaron ao redor duns 100 cativos e cativas de 8 a 16 anos

Luns, 30 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O PIT despide aos nenos e nenas dun novo curso de verán de seguridade viaria, organizado polo Concello e a DXT

O Parque Infantil de Tráfico despediu este luns aos nenos e nenas dun novo curso de verán de seguridade viaria, concretamente da súa 17ª edición. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi a encargada de clausurar as actividades, que tiveron lugar ao longo deste mes de xullo e ás que asistiron ao redor duns 100 cativos e cativas, de 8 a 16 anos. Os e as participantes tiveron formación teórica e práctica.

A programación, amplamente consolidada no calendario das familias de Lugo, está organizada polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, co obxectivo de que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias tanto do transporte público como privado. Ao acto de clausura tamén asistiu o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, así como outras autoridades.

Os pequenos e pequenas recibiron este luns o diploma que acredita a súa formación en seguridade viaria, así como un pen-drive de agasallo.

Noticias relacionadas