O Vello Cárcere acollerá o 3 e 4 de novembro as XXVII Xornadas penitenciarias organizadas pola asociación Concepción Arenal

Nesta edición, o evento afondará na xustiza restaurativa, que ten a súa orixe no movemento social alemán dos anos 70,  e no seu valor reparador para as vítimas.

Durante a presentación, a alcaldesa, Lara Méndez,  destacou a importancia de que Lugo acolla simposios deste tipo e defendeu o seu valor como espacio para o dialogo.

“É necesario avanzar na consecución de formulas que faciliten a reinserción dos penados é permitan así mesmo acadar a restauración do dano”, sinalou a rexedora.

Luns, 23 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acollerá o 3 e 4 de novembro as XXVII Xornadas penitenciarias organizadas pola asociación Concepción Arenal

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá as XXXVII Xornadas penitenciarias organizadas pola asociación Concepción Arenal. O evento celebrarase no Vello Cárcere os días 3 e 4 de novembro. Nesta edición, as xornadas afondarán na xustiza restaurativa, que ten a súa orixe no movemento social alemán dos anos 70, e no seu valor reparador para as vítimas. A rexedora estivo acompañada pola presidenta do colectivo, Elvira Fernández e pola vicepresidenta do mesmo, Ana Traseira.

Durante a súa intervención, a rexedora destacou a importancia de que Lugo acolla eventos deste tipo e defendeu o seu valor como espacio para o dialogo. “É necesario avanzar na consecución de formulas que faciliten a reinserción dos penados é permitan así mesmo acadar a restauración do dano ás vitimas. Este traballo repercute nunha maior e mellor calidade na convivencia e contribúe a paz social”, afirmou Méndez.

Ademais dos coloquios dos profesionais sobre a xustiza restaurativa, realízase a entrega das Medallas Concepción Arenal, outorgadas as personalidades destacadas pola súa colaboración desinteresada coa asociación ou en beneficio da reinserción social. Como preámbulo aos simposios, dentro das actividades organizadas no marco destas xornadas, a organización inclúe o pase do filme “Las dos cara de la Justicia” que terá lugar de Lugo o venres día 3 a partir das 11 horas no colexio de Avogados.

Audio

  • Lara Méndez, sobre as XXVII Xornadas penitenciarias | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas