- Tema
O Centro Social Díaz de Castro acolle hoxe luns 18 de agosto a proxección de Oye Arnold! dentro do programa Videoforum infantil organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.
A película conta como Arnold e Gerald queren salvar ao seu vecindario do empresario Sheck, que quere destruir o seu barrio para convertilo nun importante centro comercial. Así Arnold e os seus amigos van procurar facerse cuns importantes documentos que avalan que o seu fogar é un legado histórico.
A película foi pensada orixinalmente coma un episodio de televisión chamado "Arnold Saves the Neighborhood", pero finalmente decidiuse realizar coma filme. A cinta vai dirixida a nenos e adolescentes. A serie disidente da maioría das películas para nenos, sen batallas, superhéroes, etc… permite coñecer unha faceta divertida da vida real.
Durante o visionado, as nenas e os nenos máis pequenos poderán complementar a actividade con actividades de manualidades e coloreado sobre a película. Mentras que os máis maiores poderán comentar a película cando ésta remate.