O voleibol para persoas con diversidade será posible en Lugo grazas ao Emevé, co que colabora o Concello e a Deputación

O club ten unha colaboración coa Casa da Muller, para promover a igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Estase buscando unha data para dedicar unha xornada a esta causa

Venres, 24 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 O voleibol para persoas con diversidade será posible en Lugo grazas ao Emevé, co que colabora o Concello e a Deputación

O Emevé crear un equipo de persoas con diversidade, unha idea pioneira no deporte do norte da península. Así o adiantaron en rolda de prensa a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o representante da área de marketing e desenvolvemento do Emevé, Rubén Méndez, e dúas representantes de Auxilia e COGAMI.

Co fin de darlle visibilidade a este proxecto, o club sacará as redes de voleibol un par de días ás rúas de Lugo, para que todas as persoas poidan gozar con este deporte e se poidan informar de como, cando e onde praticalo.

No acto de presentación, Abelleira fixo un recoñecemento á traxectoria do club, dedicado ao voleibol dende 1981, así como aos valores que levan transmitindo: compartir na cancha, saber gañar e perder, respto, compromiso e esfeorzo. Así mesmo desexoulles unha nova tempada para enmarcar. Para rematar, felicitounos por non ter só equipos en todas as categorías, senón por fomar o equipo de volei adaptado.

A estas felicitacións tameñen se sumou Sonsoles López, pois esta iniciativa traballa no eido da igualdade, unha pretensión que comparten os gobernos do Concello e da Deputación.

Neste ámbito de integración, segundo explicou Méndez, procederase á eliminación daquelas barreiras arquitectónicas que impidan o acceso de forma libre das persoas con mobilidade reducida ao pavillón onde compite o Emevé, para poder ofrecerlles a posibilidade de ver os partidos de Superliga Feminina e Masculina de Voleibol.

Nesta liña de apoio social, o Emevé ten unha colaboración coa Casa da Muller, para promover a igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Estase buscando unha data para dedicar unha xornada a esta causa e a outras campañas puntuais.

Noticias relacionadas