As obras de peonalización de Ramon y Cajal destapan varios tramos de muro de cachotería de orixe romana

O achadonon afectan ao desenvolvemento das obras, xa que os labores continuarán por outra zona desta vía mentres o servizo de arqueoloxía procede a limpalos, estudalos e ditaminar a súa relevancia arqueolóxica.

“A vontade do noso Executivo é traballar para documentar o noso patrimonio, xa que supón unha oportunidade para todas e todos os lucenses polas posibles repercusións culturais e dinamizadoras que a súa conservación implica para Lugo”, sinalou a alcaldesa Paula Alvarellos.

Venres, 16 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As obras de peonalización de Ramon y Cajal destapan varios tramos de muro de cachotería de orixe romana

Esta mañá, no transcurso dos traballos de humanización e peonalización da rúa Ramón e Cajal enmarcadas no proxecto Corazón Verde, foron descubertos restos arqueolóxicos de orixe romana. Trátase de varios tramos de muro de cachotería de lousa. Este achado, que estaba previsto debido a que son continuidade dos ámbitos escavados con anterioridade na mesma rúa, algún dos cales se identificaban con dous hipocaustos romanos, non afectan en absoluto ao desenvolvemento das obras, xa que os labores continuarán, baixo un estrito control arqueolóxico por outra zona desta vía mentres os técnicos proceden a limpalos, estudalos e ditaminar a súa relevancia arqueolóxica.

Neste sentido, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destacou o valor que este tipo de restos teñen para a cidade. “A aparición de restos arqueolóxicos deste tipo supón unha excelente noticia para Lugo. Os técnicos estudarán agora este material para dilucidar a súa relenvancia. Como vimos demostrando con outras xoias romanas, como a Cloaca ou a Casa dos Mosaicos, a vontade do noso Executivo é traballar para documentar o noso patrimonio, xa que supón unha oportunidade para todas e todos os lucenses polas posibles repercusións culturais e dinamizadoras que a súa conservación implica para Lugo”, sinalou a rexedora.

Multimedia

  • As obras de peonalización de Ramon y Cajal destapan varios tramos de muro de cachotería de orixe romana
  • As obras de peonalización de Ramon y Cajal destapan varios tramos de muro de cachotería de orixe romana

Noticias relacionadas