- Tema
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, recibiron esta tarde a un grupo de 13 pequenos que foron gañadores do Campionato de España de fútbol sala de base nas categorías alevín, cadete e benxamín.
Estes mozos forman parte da selección galega que competiu a nivel nacional e todos son de Lugo e algún deles de Guitiriz.
O Alcalde felicitounos polo traballo realizado até o de agora e polo esforzo que supón o deporte. Loubou os beneficios do deporte como medio de manter os amigos, mellorar a saúde e formarse como persoas.
Tivo tamén palabras de loubanza polo apoio prestado por directivos e adestradores, “que ofrecen o seu tempo e ilusión sen recibir unha compensación económica a cambio”.
A Alcaldesa de Guitiriz invitounos a celebrar unha competición nesta localidade, de donde son algúns dos xogadores gañadores e sumouse aos parabéns ofrecidos.
Como agasallos, os pequenos recibiron dúas publicacións, un pin e unha alfombrilla do programa Conéctate en Lugo, ademais dunha tarde de Guitiriz.