Os certames de Deseño Gráfico e Fotografía promovidos dende a área de Muller teñen gañadoras

Os concursos, para concienciar contra a violencia de xénero, teñen un premio de 600 euros

Os deseños serán utilizados pola Casa da Muller como imaxe dalgunha das súas vindeiras campañas

Sábado, 29 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os certames de Deseño Gráfico e Fotografía promovidos dende a área de Muller teñen gañadoras

Os certames de Deseño Gráfico e Fotografía promovidos dende a área de Muller xa teñen gañadores, a concelleira de dita área, Ana Gonzalez Abelleira aproveitou para agradecer ao fotografo Adrian Vazquez Rodriguez que se achegara no día de onte á Sala de Xuntas da Casa da Muller a formar parte do xurado no VIII certame de fotografia “revelando o machismo” e a María Esther Muñoz, directora da Escola de Arte Superior de Deseño “Ramon Falcon” ca que se contou como integrante do xurado no concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero.

As premiadas dos concursos, promovidos dende a área de Muller para concienciar contra a violencia de xénero, obtiveron un premio de 600 euros. A gañadora do concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero foi para Ana Linares co traballo “A tua media laranxa…pola igualdade e o respecto” e no VIII certame de fotografia “revelando o machismo” o premio foi para Andrea Prado co traballo presentalo baixo o lema “Karte”.

Ambas obras seran empregadas como imaxe das futuras campañas que dende á area de Muller se leven a cabo, explicou a concelleira ao tempo que sinalou que “se valorou, específicamente que os deseños contribúan á prevención da violencia de xénero, especialmente nas persoas novas, destacando valores positivos como o bo trato na parella”.

Noticias relacionadas