- Tema
Os deportistas lucenses demostraron o seu potencial no Campionato de España de Tiro Olímpico de Novas Promesas celebrado en Logroño a pasada fin de semana.
Os tiradores lucenses acadaron un total de 13 podiums con dous ouros, tres pratas e catro bronces individuais, alcanzando os tres ouros e unha prata por equipos.
Os ouros individuais foron na categoría pistola precisión xuvenil para Marco Veiga e Andrea Barrio, a Prata en categoría cadete para Iván Fernández, categoría na que Laura Castro conseguiu o bronce.
Na modalidade de pistola deportiva as lucenses Iria Vilariño e Andrea Barrio acadaron unha prata e un bronce en categorías cadete e xuvenil, respectivamente.
Na nova modalidade de carabina tres posicións, o tirador infantil Alejandro Barrio, conseguiu un meritorio bronce, alcanzando posteriormente na modalidade de precisión un cuarto posto.