Os exitosos roteiros fluviais do Concello rematan o sábado cunha viaxe ao Encoro de Belesar

Todas as persoas interesadas en participar aínda poden inscribirse a través do 010. O punto de partida desta andaina, cuxa inscrición é de balde, é a Casa da Xuventude, ás oito da mañá

Xoves, 20 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os exitosos roteiros fluviais que o Concello de Lugo puxo en marcha para as tres primeiras fin de semanas deste mes de setembro, rematarán este sábado cunha viaxe ao Encoro de Belesar. Todas as persoas interesadas en participar aínda poden inscribirse a través do 010. O punto de partida desta andaina, cuxa inscrición é de balde, é a Casa da Xuventude, ás oito da mañá.

Anteriormente tiveron lugar outros dous percorridos, que practicamente ocuparon a totalidade das prazas, un ás Fragas do Eume e outro ás Cascadas do Ézaro. Todas elas enmárcanse dentro da programación de +Xtí, organizada pola entidade local e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, dirixida á mocidade luguesa.

Noticias relacionadas