A peonalización de Santo Domingo avanza e entra nunha nova fase de urbanización

Os traballos executaranse na contorna do monumento ao Bimilenario e na zona central da praza de Santo Domingo, fronte ao Convento das Agustinas.

A ordenación de tráfico non varía de forma substancial con respecto ao esquema actual. Aínda que o itinerario de saída desde a rúa Armañá e a zona da Praza de Abastos canalizarase pola zona de Santo Domingo máis próxima a San Marcos.

A Alcaldía informou deste progresos á asociación de veciños Centro de Lugo, a entidade Lugo Monumental, ao colectivo de distribuidores e ao gremio de taxistas.

Venres, 02 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A peonalización de Santo Domingo avanza e entra nunha  nova fase de urbanización

Continúan avanzado as obras de peonalización de Santo Domingo enmarcadas no proxecto Corazón Verde. Nesta nova etapa dos traballos, que comezarán a próxima semana, actuarase na contorna do monumento ao Bimilenario e na zona central da praza de Santo Domingo, fronte ao Convento das Agustinas. Para iso, habilitaranse pasos peonís para transitar pola vía, cruzar e acceder a cada portal ou negocio afectado polos traballos. A PREVISIÓN é que durante a xornada de hoxe se empece a sinalizar co obxectivo de empezar a obrar o vindeiro luns.

A ordenación de tráfico non varía de forma substancial con respecto ao esquema actual. Os vehículos seguirán accedendo ao Centro Histórico por Rúa Teatro e continuarán itinerario por San Marcos. Do mesmo xeito, para acceder á zona da Praza de Abastos e Armañá, os vehículos farano polo carril que xa hai habilitado actualmente e que está regulado por semáforos de obra. Aínda que o itinerario de saída desde esta rúa e a zona da praza de Abastos canalizarase no seu último treito pola zona de Santo Domingo máis próxima a San Marcos, que funcionara agora como vía de dobre sentido, xa que a marxe contraria quedará cercada polas obras.

Esta modificación implica o traslado da parada de taxis a Bolaño Rivadeneira, nas inmediacións de San Marcos e a Praza de Ferrol, onde se sinalará o novo servizo respectando a praza de mobilidade reducida existente. Pola súa parte, e de xeito temporal mentres dure esta fase, o espazo para carga e descarga habilitado para dar servizo a esta contorna queda fixado na estación máis próxima, fronte á Praza Abastos e a rúa Armañá.

O novo plan de tráfico, que comezará a ser sinalizado ao longo da xornada de hoxe, xa foi notificado á asociación de veciños Centro de Lugo e a entidade Lugo Monumental por parte do Goberno local. Así mesmo, foron informados o colectivo de distribuidores e o gremio de taxistas. Esta mesma semana, a alcaldesa Paula Alvarellos mantivo reuniós coa asoaciación veciñal e  o colectivo de comerciantes e hostaleiros aos que lles trasladou que Santo Domingo manterá tanto a súa actual configuración na zona baixa como o arboredo. Ademais, a rexedora, informou sobre a folla de ruta establecida para a implementación do sistema de control de acceso á zona intramurallas.

Multimedia

  • A peonalización de Santo Domingo avanza e entra nunha  nova fase de urbanización

Noticias relacionadas