Un cento de nenos e nenas participantes no Campus de baloncesto Álex LLorca visitan a Casa do Concello

Miguel Fernández recibiu aos rapaces no Salón de Plenos e explicoulles a importancia da realización de actividades físicas e deportivas, como a que lles ofrece este campus

Xoves, 14 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un cento de nenos e nenas participantes no Campus de baloncesto Álex LLorca visitan a Casa do Concello

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, recibiu este xoves no Salón de Plenos do Concello aos cen nenos e nenas participantes no Campus de baloncesto, que durante estes días organiza na cidade o xogador da ACB Álex Llorca nas piscinas municipais de Frigsa e no Pazo dos Deportes.

Miguel Fernández deulles a benvida á Casa do Concello e explicoulles “a importancia da realización de actividades físicas e deportivas, como a que lles ofrece este campus, que é unha oportunidade magnífica para poñer en práctica estas cuestións tan relevantes para a saúde e o rendemento escolar”.

A entidade local colabora con esta cita, posto que se enmarca na súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se impulsa a cidade de Lugo, xa que moitas familias achegáronse cos seus cativos.

Noticias relacionadas