Vinte estudantes de Berlín que se atopan de intercambio co colexio Fingoi coñecen o Concello

Mércores, 27 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Unha vintena de alumnos e alumnas, e dúas profesoras, do centro Pankower Früchtchen de Berlín que están de intercambio co colexio Fingoi visitaron este mércores a casa consistorial, onde foron recibidos pola Alcaldesa, Lara Méndez. No encontro tamén participaron mestres do colexio Fingoi. A rexedora destacou a importancia deste tipo de intercambios estudiantís en dous planos, tanto no estudiantil, para completar e mellorar o currículo, como no persoal, polas experiencias vividas e a oportunidade de coñecer outras linguas e culturas.

Noticias relacionadas