A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa no minuto de silencio en recordo das vítimas do devastador incencio de Valencia

Luns, 26 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa no minuto de silencio en recordo das vítimas do devastador incencio de Valencia

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal participou no minuto de silencio celebrado hoxe, ás 12:00 horas fronte á Casa Consistorial, con motivo do incendio que o xoves pasado deixou en Valencia unha dramática cifra de falecidos, feridos e persoas afectadas pola perda dos seus fogares. A rexedora mostrou o seu pesar ás familias dos falecidos, e solidarizouse coas persoas afectadas e co concello de Valencia.

Multimedia

  • A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa no minuto de silencio en recordo das vítimas do devastador incencio de Valencia

Noticias relacionadas