A alcaldesa Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial aos altos cargos da Armada con motivo da celebración do Luns Santo

Os representantes da Institución acudiron un ano máis á cidade para participar nos actos organizados na honra da Virxe da Esperanza.

“A presenza dos membros da Armada nas nosas rúas durante esta xornada non só é un símbolo de respecto e colaboración, senón tamén unha mostra da unidade que existe entre as forzas armadas e Lugo”, sinalou a rexedora.

Luns, 25 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial aos altos cargos da Armada con motivo da celebración do Luns Santo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta tarde no Salón de Plenos do Concello aos altos cargos da Armada, na tradcional parada militar que simboliza os lazos que ámbalas dúas institucións manteñen dende hai máis de 60 anos con motivo da celebración da Semana Santa. Á recepción, presidida pola rexedora, asistiron Francisco Guerrero Mayol, Comandante del Tercio Norte; Victor H. Blanco, axudante do Almirante de Ferrol; Tomas Luis Cordón, director da Escola A. Escaño; Miguel López, axudante maior; -acompañados moitos deles polas súas esposas- así como o capelán Jairo Gonzalez, o Presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, Ramón Basanta Piñeiro; Isabel Lagares Mosquera, Irmá Maior da Confraría da Virxe da Esperanza e membros da Confraría da Virxe da Esperanza.

Deste xeito, a alcaldesa sinalou que “desde o Concello e a Armada queremos seguir cumprindo, dentro do posible, coa tradición que nos une cada Luns Santo dende hai máis de sete décadas”. Do mesmo modo, a rexedora destacou o papel capital dos militares do Arsenal de Ferrol na procesión da  Virxe da Esperanza. “É coñecido por todos o estreito vínculo de irmandade que existe entre Lugo e Ferrol. Por iso,  a presenza dos membros da Armada nas nosas rúas durante esta xornada non só é un símbolo de respecto e colaboración, senón tamén unha mostra da unidade que existe entre as forzas armadas, a nosa cidade e todo o país. É unha constatación de que, máis aló do seu deber de servir e protexer, a Armada está profundamente arraigada na vida cotiá dos lucenses e de todos os galegos e así únese a nós en momentos de celebración e conmemoración”, apuntou Alvarellos Fondo tras a recepción.

Unha relación que ten a súa orixe nos anos da Guerra da Independencia, cando o Tercio Norte tomou parte activa na defensa da cidade de Lugo, en 1809, derrotando aos franceses no sitio actual das Gándaras. Esa vitoria do Tercio Norte evitou a toma da cidade polas tropas de Napoleón. Xa a mediados do século XX, en 1953, o entonces Ministro da Mariña recibiu, no nome da Armada, o título de Irmán Maior Honorario da cofradía da Virxe da Esperanza e a partir desa data a Armada participa ininterrumpidamente nos actos da Semana Santa de Lugo escoltando na súa procesión á Virxe da Esperanza.

“O privilexio de contar cun evento como este na nosa cidade non só se limita ao aspecto espiritual ou ao goce artístico ou cultural. Esta celebración constitúe unha achega nada desdeñable á nosa economía local, pola súa contribución no ámbito turístico e a súa aportación á desestacionalización do mesmo. Así como pola proxección que realiza da nosa cidade”, manifestou a rexedora en relación a esta procesión e a todos os pasos da Semana Santa lucense.

Audio

 

Multimedia

  • A alcaldesa Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial aos altos cargos da Armada con motivo da celebración do Luns Santo
  • A alcaldesa Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial aos altos cargos da Armada con motivo da celebración do Luns Santo

Noticias relacionadas