A Alcaldesa preside a toma de posesión do novo Xefe da Asesoría Xurídica, Manuel Louzao Aldariz

Lara Méndez destacou a súa longa traxectoria como funcionario público e o seu compromiso co Concello, ao tempo que lle desexou os maiores éxitos no seu cometido

Venres, 23 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa preside a toma de posesión do novo Xefe da Asesoría Xurídica, Manuel Louzao Aldariz

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este venres o acto de toma de posesión do novo Xefe da Asesoría Xurídica do Concello de Lugo, Manuel Louzao Aldariz. No acto no que Louzao prometeu este cargo, a Alcaldesa destacou a súa traxectoria como funcionario público e o seu compromiso co Concello, ao tempo que lle desexou os maiores éxitos no seu cometido.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Louzao Aldariz conta cunha traxectoria profesional de máis de 13 anos no Concello como Técnico de Administración Xeral. Exerceu de Xefe do Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento dende o 2008 ao 2015, e é Presidente da Xunta de Persoal dende 2015. Manuel Louzao foi nomeado na Xunta de Goberno do pasado 31 de agosto para esta figura.

Noticias relacionadas