Luns, 25 de setembro de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos do Concello aos 23 alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o IES Lucus Augusti e un centro educativo de Leipzig, en Alemaña, un encontro ao que asistiron tamén catro mestras de ambos institutos. A rexedora deu a benvida ao grupo alemán, explicoulles os principais atractivos da cidade e animounos a ser embaixadores de Lugo en Leipzig, ademais de subliñar os beneficios tanto no eido persoal como profesional que teñen este tipo de intercambios para os mozos e mozas, pois os coñecementos que poidan adquirir neles “poden supoñer un plus diferencial” á hora de buscar un traballo.