A área de Desenvolvemento Local e Emprego anima a achegarse o 6 de setembro á XV edición do ‘Comercio na Rúa’

O Concello de Lugo colabora con esta iniciativa dende fai anos

Terá lugar o próximo 6 de setembro de 10:30 a 21:00

Martes, 03 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Desenvolvemento Local e Emprego anima a achegarse o 6 de setembro á XV edición do ‘Comercio na Rúa’

Este martes presentouse na sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo a XV edición do ‘Comercio na Rúa’ ou ‘Street Market’ que terá lugar o próximo 6 de setembro de 10:30 a 21:00, iniciativa que ten lugar dúas veces ó ano, unha en primavera e outra no verán.

No presentación interviron, por este orde Mauricio Repetto, Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Pilar García Porto, Voceira Provincial, José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio, Marta López, Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo.

Mauricio Repetto que dirixe a área de Desenvolvemento Local e Emprego. comentou que “O Concello de Lugo colabora con esta iniciativa dende fai anos, xa que impulsar o comercio Local é un dos obxectivos clave, e animo ós veciños e veciñas a achegarse a gozar de rúas cheas de xente e fantásticos descontos".

Nesta ocasión os participantes suman a cifra de 85, como ben explicou a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo e destaca que nesta edición hai “unha forte presencia de emprededores de curta idade, o que é esperanzador para o comercio de Lugo” tamén se destacou a ampla variedade de sectores que nos atoparemos nas rúas do casco vello de Lugo, tales como téxtil, calzado, infantil, adulto, deporte, peletería, xoiería, lencería, mercería, complementos, bixutería, agasallos, roupa de fogar...

O comercio na Rúa nace en plena crise para dar saída ao gran cantidade de stocks que a freada no consumo provocara . Ademais de ser un evento positivo para os comercios participantes, tamén xera dinamismo na cidade.

A maioría instalan os postos diante das súas tendas, aínda que uns cuantos máis afastados do centro colócanse ao redor do Concello.

Audios

  • Mauricio Reppeto, sobre a XV edición do ‘Comercio na Rúa’ ou ‘Street Market’ | Descargar mp3
  • Pilar García, sobre a XV edición do ‘Comercio na Rúa’ ou ‘Street Market’ | Descargar mp3
  • José María Seijas, sobre a XV edición do ‘Comercio na Rúa’ ou ‘Street Market’ | Descargar mp3
  • Marta López, sobre a XV edición do ‘Comercio na Rúa’ ou ‘Street Market’ | Descargar mp3

Noticias relacionadas