A área de Desenvolvemento Local promove o comercio local colaborando na decima edicion Noite Aberta organizada pola Asociación de Autónomas

Mauricio Repetto e Marta López presentaron a décima edición da Noite aberta que acontecerá  o xoves 3 de outubro, na cal participarán máis de 70 de tendas

Como é habitual os locais comerciais terán promocións, cátering e música

Mauricio Repetto destacou que ‘Pretendemos con estas accions concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios de ao pé da casa, que axudan a dinamizar a economía e a vida nas vilas da nosa provincia”

Venres, 27 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Desenvolvemento Local promove o comercio local colaborando na decima edicion Noite Aberta organizada pola Asociación de Autónomas

A área de Desenvolvemento Local que dirixe Mauricio Repetto colabora de novo coa Asociación de Autónomas na celebración da décima edición de Noite Aberta, iniciativa, xa consolidada. Esta maña presentaron ás actividades da xortnada na que participaran máis dun centenar de tendas, á presentación asistiu o concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto e Marta López presidenta da Asociación de Autónomas.

A décima edición de Noite Aberta dará comezo ás 19.00h na Praza Maior (diante do Concello), como ven sendo habitual, o pequeno e mediano comercio celebrará a súa propia festa con promocións, cátering e música. Os máis pequenos tamen poderán disfrutar desta festiva xornada con talleres infantís na Praza da Soidade na que esta programada ademáis unha verbena dende as 22.00h con xogos, agasallos e máis actividades acompañadas de varias actuacións musicais.

Este ano con motivo do décimo aniversario, realizarase un sorteo de dous cheques regalo un de 200€ e outro de 300€ que que deberá utilizarse entre as 20.00h e 22.00h do mesmo día.

A forma de identificar as tendas participantes un ano máis será a alfombra rosa, coa que o centenar de tendas participantes recibirán aos seus clientes.

O edil destacou que ‘O comercio é un dos motores económicos de Lugo, ademáis de xenerar emprego, pretendemos con estas accions concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios de ao pé da casa, que axudan a dinamizar a economía e a vida nas vilas da nosa provincia”.

Marta López agradeceu ás entidades colaboradoras e explicou que “Noite Aberta naceu fai dez anos con espiritu festivo, por unha parte para que a cidadanía coñecese e se achegase o pequeno comercio e por outra parte para agradecer ós clientes a confianza”.

Audio

Noticias relacionadas