A área de Desenvolvemento Local recibe luz verde para a contratación dun patrocinio publicitario con motivo da nova edición do Caudal Fest

Aprobáronse  seis licencias urbanísticas así como a contratación dun patrocinio publicitario con motivo da nova edición do Caudal Fest.

A adxudicación por procedemento negociado por publicidade do Caudal Fest, que ascenderá a 257.000 euros.

Mércores, 28 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Desenvolvemento Local recibe luz verde para a contratación dun patrocinio publicitario con motivo da nova edición do Caudal Fest

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, a proposta da concellería de urbanismo de seis licencias.

Tamen obtivo luz verde o contrato do patrocinio publicitario, onde se aprobaron as cláusulas administrativas e técnicas así como a adxudicación por procedemento negociado por publicidade, que ascenderá a 257.000 euros. O importe baséase no informe xustificativo da rendibilidade do plan de medios do Caudal Fest elaborado por unha empresa externa independente despois de estudar o retorno publicitario da edición anterior.

O Portavoz socialista Miguel Fernandez afirmou que ‘O Caudal Fest potenciará a marca de Lugo a nivel galego, estatal e internacional co obxectivo de axudar á dinamización da cidade’

Noticias relacionadas