A área de Mobilidade e Infraestruturas realizou, durante esta semana, reparacións en varias rúas da cidade

Rubén Arroxo: “no 2020 Lugo vai experimentar un importante cambio en positivo do seu entorno público”

A reparación do pavimento que se iniciou na zona da Fonte dos Ranchos, rúa Quiroga e Av. Breogán, continuará por outros barrios da cidade

Sábado, 08 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade e Infraestruturas realizou, durante esta semana, reparacións en varias rúas da cidade

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, deu conta das reparacións que durante os últimos días se estiveron levando a cabo no concello. “Nesta semana realizáronse traballos nas rúas San Lázaro, Río Eo, Alexandre Bóveda e Luís Seoane”, indicou Rubén Arroxo. A reparación do pavimento que se iniciou, nesta semana, na zona da Fonte dos Ranchos, rúa Quiroga e Av. Breogán, continuará por outros barrios da cidade

“En poucos días continuarán as actuacións do suplemento de crédito de 2019, para as cales hai orzamentados 500.000 euros, aos que hai que sumar outros 500.000 dos orzamentos”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “dende a área de Mobilidade e Infraestruturas traballamos para realizar as intervencións no menor prazo posíbel”. Rubén Arroxo puntualizou que “temos que ter en conta a climatoloxía, debido ás características dos materiais utilizados, resulta imposíbel asfaltar con temperaturas por debaixo de 8ºC ou con choiva”.

“A Brigada de Obras do concello continúa a facer pequenos traballos que producen unha gran mellora na veciñanza das zonas nas que actúa”, afirmou Rubén Arroxo, que afirmou que “xuntando todas estas actuacións co repintado da sinalización horizontal, a cidade de Lugo experimentará durante o 2020 un importante cambio en positivo do seu espazo público”.

Multimedia

  • A área de Mobilidade e Infraestruturas realizou, durante esta semana, reparacións en varias rúas da cidade
  • A área de Mobilidade e Infraestruturas realizou, durante esta semana, reparacións en varias rúas da cidade
  • A área de Mobilidade e Infraestruturas realizou, durante esta semana, reparacións en varias rúas da cidade

Noticias relacionadas