A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de azul conmemorando o Día das Persoas Refuxiadas

Domingo, 19 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de azul, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día das Persoas Refuxiadas, 20 de xuño.

A guerra de Ucrania e outros conflitos elevaron a cifra global de refuxiados. Desde o comezo da ofensiva rusa en Ucraína, máis da cuarta parte da poboación nacional, tiveron que deixar os seus fogares.

O Goberno de Lara Méndez, articulaba desde á area de Benestar Social a planificación de acollida, que incluíu os pisos de emerxencia social que ten o Concello, deixando a porta aberta á posibilidade de alugar máis, así como o contacto directo e permanente para traballar man a man con colectivos sociais como Accem ou Cruz Vermella na integración social e laboral dos refuxiados.

Noticias relacionadas