Continúan as probas do Corre con Nós 2017, acollendo a senda fluvial do Miño a penúltima competición, que conmemorou os 25 anos do Eixo Atlántico

As últimas probas deste circuíto terá lugar o sábado 3 de xuño, para os menores de idade, e o domingo, 4 de xuño, para a categoría de adultos

Sábado, 20 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúan as probas do Corre con Nós 2017, acollendo a senda fluvial do Miño a penúltima competición, que conmemorou os 25 anos do Eixo Atlántico

Este sábado celebrouse unha competición máis do Circuíto Larsa Corre con Nós 2017, acollendo a senda fluvial a penúltima porba. Ata alí desprazouse o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen deu o pistoletazo de saída a diferentes categorías desta proba, na que se deron cita máis dun millerio de atletas, e como é de costume, de todas as idadeS, tanto afeccionados como profesionais, de distintos recunchos da provincia. O bo tempo animou esta xornada deportiva que conmemora, xunto á derradeira proba, os 25 anos do Eixo Atlántico ao mesmo tempo que anuncia os XII Xogos do Eixo Atlántico, que se disputan en Lugo no mes de xullo.

As últimas probas deste circuíto terá lugar o sábado 3 de xuño, para os menores de idade, nas pistas de Atletsimo da Cidade Cultura, a partir das 17:00 horas; e o domingo, 4 de xuño, para a categoría de adultos, no Parque de Frigsa, dende as 12:00 horas.

Multimedia

  • Continúan as probas do Corre con Nós 2017, acollendo a senda fluvial do Miño a penúltima competición, que conmemorou os 25 anos do Eixo Atlántico

Noticias relacionadas