Lara Méndez recolle por sexto ano consecutivo o distintivo que premia a baixa siniestralidade laboral no Concello

A mutua FREMAP entrega o distintivo, que “sitúa unha vez máis ao Concello como referente en prevención de riscos laborais”, aseverou a alcaldesa de Lugo

Xoves, 05 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
novo distintito de ‘bonus buenos’ de mans da mutua FREMAP

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este xoves un novo distintito de ‘bonus buenos’ de mans da mutua FREMAP que reforza ao Concello de Lugo polo seu traballo en favor da prevención laboral e que acredita que é unha entidade de baixo índice de siniestralidade e días de baixa laboral.

A alcaldesa destacou que “estes incentivos indican que, unha vez máis e por sexto ano consecutivo, o Concello é referente en prevención de riscos laborais”. Así mesmo, incidiu en que esta distinción reflexa “o compromiso do bo facer do Concello coa prevención laboral, e todo isto a pesar das peculiaridades da administración”.

Ao acto de entrega de diploma estivo presente a alcaldesa de Lugo acompañada de Paula Alvarellos, edil de gobernanza, e Miguel Couto, concelleiro de urbanismo,  Sostible, ademais do director rexional de FREMAP en Galicia, Carlos Llanos, e o director provincial da mutua en Lugo, Francisco Sirgado; así como delegados de prevención e membros do Comité de Seguridade e Saúde do Concello.

Carlos Llanos, rexional de FREMAP en Galicia destacou “O Concello de Lugo conseguiu reducir a siniestrabilidade e obtido as vantaxes dos bonus en 6 dos 8 anos, o índice de incidencia do concello de Lugo está nun 3% e o índice global de absentismo reduciuse nun 58% no 2019 isto indica que o esforzo que realiza o equipo de goberno municipal, o servizo prevención e os traballadores do concello de Lugo lograron reducir de forma importantisima a siniestrabilidade, esto implica que todo o persoal do concello conseguiu traballar nas condicións óptimas de seguridade”.

Méndez rematou comentando que “é dificil que unha administración pública obteña estas distincións, destacar que é un premio de todos e todas os que formamos parte da administración do Concello e debemos estar orgullosos como traballadores municipales de recibir este recoñecemento”.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o novo distintito de ‘bonus buenos’ de mans da mutua FREMAP | Descargar mp3

Noticias relacionadas