Lugo, pola súa implicación solidaria, será sede do II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento

O papel colaborador e o compromiso permanente do Executivo de Lara Méndez con numerosos proxectos de cooperación foi decisivo para escoller á cidade como escenario do evento.

A concelleira de Benestar, Olga López, mantiña hoxe unha reunión telemática cunha das entidades organizadoras para preparar a cita, que terá lugar o 7 e 8 de febreiro.

Xoves, 12 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, pola súa implicación solidaria, será sede do II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento

Lugo acollerá o II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento.

A cidade amurallada será o escenario da segunda edición do evento, debido ao papel colaborador e ao compromiso permanente do Executivo de Lara Méndez con numerosos proxectos solidarios.

A concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, Olga López Racamonde, mantiña esta mañá unha xuntanza telemática cunha das entidades organizadoras da cita, que terá lugar o 7 de febreiro no MIHL e o día 8 no Vello Cárcere, respectivamente, para concretar os seus preparativos.

A edil quixo destacar a importante repercusión e a relevancia do espazo xerado o ano pasado en Córdaba, ao abeiro do primeiro Encontro que, agardamos, teña agora continuidade e permita avanzar no labor emprendido, mellorando o intercambio de coñecementos entre os Gobernos locais de España, o Executivo central e as axencias internacionais”.

A convocatoria, impulsada por CONFOCOS e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade - e que conta co apoio, entre outros organismos, do Concello de Lugo e a Deputación Provincial - espera reunir a prestixiosos responsables políticos e institucionais de todo o Estado para abrir o diálogo ao redor da capacidade de actuación pública municipal de colaboración e acción internacional.

Serán dúas xornadas para abordar a cooperación descentralizada con plenarias, obradoiros, intercambios técnicos e mesmo tamén cunha axenda cultural propia que nesas datascontribuirá a proxectar a imaxe de Lugo como o gran referente solidario que somos”, engadiu Olga López.

Noticias relacionadas