O Concello retira a simboloxía franquista do colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela

Con esta medida, cumpre un acordo plenario e avanza no cumprimento da Lei de Memoria Histórica, unha ferramenta que supuxo unha contribución definitiva para dignificar as vítimas, promover a reconciliación e consolidar a democracia

Xoves, 15 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello retira a simboloxía franquista do colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela

A Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, retirou a simboloxía franquista existente no Colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, unha placa situada na fachada do edificio. O Goberno local cumpre deste xeito cun acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal e avanza no seu “compromiso co cumprimento da Lei de Memoria Histórica, unha norma que cumpre este ano o seu décimo aniversario e que significou unha contribución definitiva á devolución da dignidade aos represaliados polo franquismo e para promover a reconciliación e consolidar a democracia”, subliñou Manuel Núñez. Un fito neste eido, impulsado polo Concello, foi a rehabilitación do Vello Cárcere, un espazo de represión e sufrimento convertido hoxe nun lugar aberto, de homenaxe e recuperación da memoria histórica dos alí presos e condenados a morte, simplemente polas súas ideas.

A retirada da placa do colexio Manuel Mallo súmase á solicitudes que xirou o Concello a outras administracións para que procedan á eliminación de símbolos franquistas de diversos edificios da cidade.

Multimedia

  • O Concello retira a simboloxía franquista do colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela

Noticias relacionadas