O Concello soluciona os problemas de abastecemento de auga en Fontiñas, renovando uns 1.500 metros de tubaxes de fibrocemento

Lara Méndez e Manuel Núñez achegáronse este mediodía a Fontiñas para supervisar in situ as melloras, cun orzamento de 233.500 euros, que responden a demandas veciñais

Xoves, 01 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello soluciona os problemas de abastecemento de auga en Fontiñas, renovando uns 1.500 metros de tubaxes de fibrocemento

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, achegáronse este mediodía a Fontiñas, onde o Concello solucionou os problemas de abastecemento de auga, co cambio de 1.500 metros de tubaxes de fibrocemento por fundición dúctil, nos treitos comprendidos entre as rúas Sanxillao e Montirón, de San Eufrasio ata o comezo do Parque dos Paxariños, e entre a rúa Montero Ríos e o Carril das Flores, completando deste xeito a intervención levada a cabo anteriormente nesta zona, entre o Carril dos Caiñós e a rúa Sanxillao. As tarefas, cun orzamento de 233.500 euros, respondían a demandas veciñais dado a antigüidade da subministración.

 Os traballos afectaron ás beirarrúas dereita e esquerda desde a rúa Sanxillao á rúa Montirón, á beirarrúa esquerda desde o final da Ronda ata o inicio do Parque dos Paxariños e á beirarrúa dereita desde a rúa Montero Ríos ata o Carril das Flores. Ademais, repúxose o pavimento, así como os tramos de calzada afectados polas obras.

Noticias relacionadas