O Concello súmase aos 5 minutos de silencio polas vítimas e en repulsa de calquera clase de acto terrorista

Mércores, 13 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello súmase aos 5 minutos de silencio polas vítimas e en repulsa de calquera clase de acto terrorista

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, concentrouse este mércores ás 12:00 horas na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, para gardar cinco minutos de silencio con motivo do 25 aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco, sumándose á comunicación enviada pola FEMP, como mostra de solidariedade con todas as vítimas e en repulsa de calquera clase de acto terrorista.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o minuto de silencio contra o terrorismo | Descargar mp3

Noticias relacionadas