O deporte como elemento de benestar emocional e desenvolvemento profesional e persoal centrará a xornada do xoves do Tour do Talento

O MIHL acollerá dúas conferencias nas que participarán destacados profesionais do deporte lucense como Roberto Fernández, Salva Arco ou Roberto Ramos.

Pola tarde, intervirán Carlos Prieto, adestrador de Gómez Noya; María Lizarraga, responsable da área de nutrición do FC Barcelona e Ander Martín, experto en Mindfulness.

Na Praza Horta do Seminario o alumnado de educación secundaria do municipio terá a oportunidade de coñecer de primeira man o Campus Terra da USC.

No Impulso Verde continúan as visitas guiadas e as mesas redondas entorno á sostibilidade. Tamén haberá dúas expedicións a Norvento Enerxía e Vertex.

Mércores, 03 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O deporte como elemento de benestar emocional e desenvolvemento profesional e persoal centrará a xornada do xoves do Tour do Talento

Este xoves, 4 de maio, ás 10:00 horas, a cidade de Lugo ten unha cita co deporte no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), onde terá lugar a conferencia baixo o título “Ecuación talento: equipos de alto rendemento”, promovida polo executivo municipal e a Fundación Princesa de Girona dentro da programación do Tour do Talento.

“A sesión será un punto de encontro onde dialogar sobre os valores do deporte da man de destacados profesionais como xogadores, adestradores e profesionais de empresas”, explicou a rexedora Lara Méndez.

Deste xeito, participarán Roberto Fernández, ex futbolista profesional, porteiro de equipos como Sporting, Osasuna, Granada, CD Lugo e actual adestrador de porteiros do CD Lugo, que fará un relatorio sobre “Cultura de equipo”; Salva Arco, ex xogador profesional de baloncesto en equipos como Melilla, Manresa, Ourense, Tenerife e CB Breogán e actual director da Fundación Breogán falará sobre “Líderes, motivadores de vestiario”; e por último Roberto Ramos, socio fundador e CEO do Grupo Be One/ Serviocio que leva máis de 30 anos na xestión de instalacións deportivas que dan servizo a máis de 180.000 persoas en toda España, formarán parte desta sesión que poñerá o broche cunha mesa redonda dos tres relatores onde poñerán en común as súas conclusións sobre a xornada.

Á primeira hora da tarde, no mesmo espazo, terá lugar a conferencia baixo o fío condutor de “Flow no alto rendemento”. O “Flow ou Fluxo” é “ese estado no que un sente completamente absorto nunha actividade que proporciona pracer e goce”. Nesta sesión coñeceremos os detalles do Flow e as claves para conseguilo, tanto no deporte como noutros ámbitos da vida, da man de:

  • Carlos David Prieto:  adestrador de Javier Gómez Noya, triatleta profesional español cinco veces campión do mundo, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e catro veces campión de Europa, co que conseguiu tres títulos mundiais de tríatlon.
  • María Antonia Lizarraga: doutora especialista en Medicina de Educación Física e Deporte. Responsable médica da área de nutrición no Fútbol Club Barcelona e divulgadora da importancia da prevención para un envellecemento saudable.
  • Ander Martin:  Máster en Nutrición e Saúde pública pola Universidade Oberta de Cataluña. Traballou en España, Australia e Nova Zelandia na área da saúde e a formación deportiva. Instrutor do programa de Mindfulness e redución de estrés (MBSR).

PROGRAMA:

10:00h – 10:10h Inauguración oficial

10:10h – 10:50h RELATORIO 1. “Cultura de equipo” –  Roberto Fernández

10:50h – 11:30h RELATORIO 2. “Líderes, motivadores de vestiario” – Salva Arco

11:30h – 12:10h RELATORIO 3. “Forzas de traballo” – Roberto Ramos

12:10h – 12:50h MESA REDONDA. –  Roberto Fernández, Salva Arco e Roberto Ramos.

12:50h – 13:00h Peche da xornada de mañá

16:10h – 16:50h Relatorio “O camiño do individual” – Carlos David Prieto

16:50h – 17:30h Relatorio “Flow no alto rendemento, hábitos que conectan” – Doutora María Antonia Lizarraga

17:30h – 18:10h Relatorio «O poder de mindfulness” – Ander Martin

18:10h – 18:20h Peche da xornada de tarde

Paralelamente, no MIHL, de 16:00 a 19:00 horas celebrarase un encontro de docentes. Profesores lucenses terán a oportunidade de inspirarse con docentes innovadores e referentes no “Encontro de docentes que deixan pegada” do Tour do Talento en Lugo, que terá o seguinte programa: primeira parte con Esteve López. Formador de claustros e equipos directivos nos seus procesos de crecemento, en Desenvolvemento profesional Docente e traballo coordinando a área de Emprendemento da Fundación Trilema. Traballaranse tres dinámicas visuais no espazo que permitirán comprender o significado e a utilidade das distintas estratexias de avaliación.

  1. Constelación formativa, para visualizar todos os elementos que interveñen na avaliación na aula e como nos relacionamos con eles.
  2. Construíndo a nosa constelación metacongitiva.
  3. Cóntame a túa estratexia (autorregulación).

Segunda parte con Maria Batet. Mestra, formadora en creatividade e emprendemento, facilitadora visual, coach de equipos, colaboradora da Fundación Trilema. A continuación celebrarase o debate “compartimos experiencias de aula” con modelado de exemplos e un taller de Visual Thinking.

Na Praza Horta do Seminario o alumnado de educación secundaria do municipio terá a oportunidade de coñecer de primeira man o Campus Terra da USC

Será a través da Xornada “USC Campus Terra: Creando Talento”, impulsada polo Concello da man da Universidade. Trátase dun encontro entre alumnado de educación secundaria e as diferentes escolas e facultades que compoñen o Campus de Lugo, co obxectivo de que o alumnado explore posibles vías na súa carreira formativa.

Organizarase ao redor de 8 casetas nas que os diferentes centros do campus ofrecerán información acerca das titulacións. Paralelamente habilitarase un espazo para realizar demostracións de diversas tecnoloxías vinculadas ás titulacións dos centros e desenvolvidas por grupos de investigación do campus: robots, drons, simuladores, realidade virtual etc.

Está previsto tamén realizar un taller científico co obxectivo de divulgar a ciencia entre os máis novos. Este taller será impartido por Xuvenciencia.

Ao mesmo tempo celebraranse mesas redondas de mañá e tarde, nas que antigos alumnos explicarán as súas experiencias como alumnos da USC e de que forma a universidade influíu nas súas carreiras profesionais.

PROGRAMA

11:00h Benvida

11:00h – 18:00h Casetas dás titulacións e demostracións tecnolóxicas e científicas do Campus Terra USC.

11:30h – 12:30h Mesa redonda Alumni Campus Terra “Estudar non Campus Terra, a túa mellor opción”.

- Egresados da Facultade de Veterinaria: Juan Caínzos (Senior Salgues Manager ABS Global).

- Egresados da Facultade de ADE.

- Egresados da Escola Politécnica Superior de Enxeñería.

- Egresados da Facultade de Ciencias. Pdte

- Egresados da Escola de Relacións Laborais.

- Egresados da Escola Universitaria de Enfermería.

- Egresados da Faculdade de Humanidades.

- Egresados da Facultade de Formación do Profesorado

12:00h Charlas de carácter divulgativo, cunha duración aproximada de 20’ cada unha, ás que seguiría un pequeno debate. Moderación a cargo de: D. José Vázquez Tato, Catedrático de Química Física, e D. Marcelino Maneiro Maneiro, Profesor titular de Química Inorgánica.

- Guillermo Mínguez: «Nanociencia: a revolución do pequeno» Nesta charla, Guillermo Mínguez achegaranos á nanociencia, unha disciplina que se centra en comprender os fenómenos que ocorren a escala nanométrica, imposibles de distinguir co ollo humano.

- Eleonora Viezzer: «O poder dun vaso de auga». Coa súa charla, Eleonora Viezzer revelaranos que, nunha década, cun vaso de auga abastecerase de enerxía a unha familia durante 80 anos e descubriremos a fusión nuclear como fonte enerxética segura, inesgotable e verde.

12:30h – 14:00h “Ven a experimentar con XUVENLAB!”. Talleres científicos cos Kits XuvenCiencia. Ana Couso e Eva Cabanelas, promotoras do proxecto empresarial Xuvenlab.

17:00h – 18:00h Monólogos científicos “Ou clube dá Veterinaria” por parte de Eva Cabanelas, David García Deus e Uxía Yáñez Ramil.

18:00h Peche da xornada

No Impulso Verde continúan as visitas guiadas e as mesas redondas entorno á sostibilidade.

De 11:00h a 11:30h celebrarase a mesa redonda: Sustentabilidade empresarial, como integrar o enfoque circular, coa participación de: Laura Aldariz Muinelo, técnica en Tecgal Enerxías SL; Josefa de León Blanco, Agroamb, Vocal no comité Executivo de Pacto Mundial de Naciones Unidas - Red Española; Pablo Yanes, dueño de Cabañas da Chousa. Punto de encontro no que distintos expertos do sector debaterán sobre como as empresas poden integrar o enfoque circular nas súas estratexias de sustentabilidade, resaltando as oportunidades para mellorar a súa eficiencia, reducir custos e minimizar riscos. Poñeranse na mesa conclusións en común de como a economía circular pode ser un facilitador para unha transición cara á sustentabilidade.

De 13:00h a 13:30h terá lugar a mesa redonda. “A importancia do consumo responsable e o deseño sostible”, coa participación de: Noemí Rodríguez , CEO e Cofounder Himikode; Gonzalo Abuín, Conselleiro Delegado de Perfect Numbers; Lucia Álvarez, responsable de internacionalización de TasteLab. A importancia do consumo responsable e o deseño sostible supón un debate sobre como influír nos patróns de consumo da sociedade. É importante tratar na mesa como o deseño sostible pode ser clave na creación de produtos e servizos máis duradeiros e respectuosos co medio ambiente, e por tanto, fomentar a economía circular.

Expedicións para estudantes a Norvento Enerxía e Vertex Bioenergy

De 11:00 a 14:00 horas haberá unha expedición a Norvento Enerxía onde os mozos poderán coñecer o día a día da corporación referente mundial en autoxeración e independencia enerxética. Norvento Enerxía é unha empresa con sede en Lugo que conta con catro décadas de traxectoria no sector das enerxías renovables. Mentres que de 10:00 a 13:00 horas terá lugar unha expedición a Vertex Bioenergy, referente europeo na industria dos biocombustibles.

Noticias relacionadas