O Descenso do Miño celebrou este sábado o seu 60 aniversario

Lara Méndez e Miguel Fernández participaron na entrega de trofeos deste evento deportivo que reuniu en Lugo a máis de 400 padexeiros

Sábado, 21 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Descenso do Miño celebrou este sábado o seu 60 aniversario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, participaron este sábado na entrega de trofeos da 60 edición do Descenso do Miño, un acto que tivo lugar nas instalacións do Club Fluvial. O Concello colabora con esta cita deportiva, que reuniu en Lugo a máis de 30 clubs de Galicia e 400 padexeiros, posto que se enmarca dentro da súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se promove a cidade de Lugo.

Multimedia

  • O Descenso do Miño celebrou este sábado o seu 60 aniversario

Noticias relacionadas