O goberno de Lara Méndez presentou hoxe a candidatura para optar ao premio europeo de Cidade Accesible 2020

O galardón é unha distinción especial que se da cada ano ás cidades europeas que se esforzan por conseguir a accesibilidade universal.

O Concello de Lugo conta xa con catro distincións europeas

Mércores, 11 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O goberno de Lara Méndez presentou hoxe a candidatura para optar ao premio europeo de Cidade Accesible 2020

Lugo presentará candidatura para optar ao premio europeo de Cidade Accesible (Access City Award), no que se pretende poñer de relevo os avances que no tema da accesibilidade universal están a levarse a cabo na cidade. A labor constante que ven realizando en Lugo desde hai case 20 anos valeulle outros recoñecementos a nivel nacional e europeo, como a Mención Especial en 2017 destos premios europeos de accesibilidade; pero tamén o Premio Reina Sofía no ano 2006, a distinción de Destino Turístico Accesible de España no 2015 ou o recoñecemento ‘Cidade Mapcesible’ que concedeu Telefónica este mesmo ano.

O concelleiro da área de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Reppeto, explicou que “o galardón é unha distinción especial que se da cada ano ás cidades europeas que se esforzan por conseguir a accesibilidade universal. Está organizado pola Comisión Europea e o Foro Europeo de Discapacidade e é unha das accións contempladas na Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2020 para crear unha Europa sen barreiras”. 

Lembrar que no 2017, o xurado recoñecía o achegamento inclusivo á discapacidade involucrando ao sector privado en todos os programas desenvoltos levado a cabo polo goberno de Lara Méndez en materia de accesibilidade, competencia de Ana González,  que explicou que “o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC),  o deseño das políticas de accesibilidade e a especial atención que presta o Concello de Lugo á inclusión dás persoas maiores é unha aposta clar levada a cabo polo goberno de Lara Méndez”. De feito, foi “ noso Goberno quen creou  o Gabinete Municipal de Accesibilidade para adaptar progresivamente os espazos públicos a todas as persoas que viven no noso municipio ou o visitan”.

Entre as medidas máis destacadas para a adaptación da cidade ás persoas con distintas discapacidades destacan as accións desenvolvidas nos barrios; as executadas na busca dun patrimonio monumental e cultural accesible, incluída a Muralla Romana; o impulso dun transporte público accesible, pero tamén privado, ao contar Lugo co cociente de taxis adaptados máis alto de Galicia: a creación de 200 prazas de aparcadoiro para persoas como mobilidade reducida; a execución de ascensores nos aparcadoiros subterráneos; a instalación de sinais de tráfico luminosas e acústicas; a posta en marcha da Casa Domótica ou a implantación de colectores de lixo adaptados.

En materia de obra nos últimos tres anos realizáronse obras de peonalización en distintas áreas, rúas ou prazas, elimináronse barreiras mediante a construcción de ascensores como é o caso de Fontiñas e en proceso de finalizar a obra como é o exemplo hoxe á orde do día do ascensor de Sagrado Corazón.

Mauricio Repetto terminou recordando que no Concello de Lugo temos “O Centro de información europea Europe Direct-Lugo, que pertencente á rede de Centros de Información Europea, e é o punto desde o que o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite aos cidadáns obter información, axuda e respostas a dúbidas sobre lexislación, políticas e programas europeos”

Audios

  • Ana Abelleira, sobre o premio europeo de Cidade Accesible 2020 | Descargar mp3
  • Mauricio Repetto, sobre o premio europeo de Cidade Accesible 2020 | Descargar mp3

Noticias relacionadas