O I Medio Maratón Cidade de Lugo, organizado por El Progreso e o Concello, reuniu a máis de setecentos atletas

Lara Méndez, Dario Campos, Blanca de Cora, Miguel Fernández e Pablo Rivera entregaron os trofeos desta proba, cuxos gañadores foron Nicolás Arroxo e Ana Belén González

Os participantes deron 4 voltas pola Ronda da Muralla e Avenida Ramón Ferreiro, con saída na Praza do Ferrol e chegada na Praza Maior. Finalizaron cunha volta polo adarve da Muralla

Domingo, 14 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O I Medio Maratón Cidade de Lugo, organizado por El Progreso e o Concello, reuniu a máis de setecentos atletas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Dario Campos, a adxunta á Presidencia de El Progreso, Blanca de Cora, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto con outros representantes das entidades colaboradoras, entregaron este domingo os trofeos aos gañadores nas distintas categorías do I Medio Maratón Cidade de Lugo, organizado polo xornal El Progreso en colaboración co Concello.

Os atletas Nicolás Arroxo e Ana Belén González foron os gañadores nas categorías masculina e feminina respectivamente deste I Medio Maratón Cidade de Lugo. O corredor lucense logrou a vitoria na proba disputada pola cidade cun tempo final de 1.12.24 horas mentres que a atleta completou o percorrido en 1.30.57 horas. Nesta proba tamén participou o dúas veces campión do mundo de maratón, Abel Antón, que tamén participou na entrega de premios.

O I Medio Maratón Cidade de Lugo discorreu por un trazado de asfalto de catro voltas pola Ronda da Muralla e Avenida Ramón Ferreiro, con saída na Praza do Ferrol e chegada na Praza Maior. Finalizou cunha volta polo adarve da Muralla, ata completar unha distancia próxima á dun medio maratón con 21 quilómetros. O tempo máximo da proba foi de 2 horas e media.

Esta competición deportiva, que completa o circuíto de carreiras populares da cidade, o Corre con Nós e a Lugo Monumental, é a primeira pedra dun proxecto que irá crecendo ano a ano e que seguramente se modificará en canto a trazado e dureza da proba para ir facéndoa máis accesible e apetecible a todo atleta que queira participar. Nace coa intención de asentarse no calendario atlético galego, como un referente de proba ao servizo do atleta, adaptándose, ano a ano, ás distintas necesidades do corredor.

Multimedia

  • O I Medio Maratón Cidade de Lugo, organizado por El Progreso e o Concello, reuniu a máis de setecentos atletas
  • O I Medio Maratón Cidade de Lugo, organizado por El Progreso e o Concello, reuniu a máis de setecentos atletas

Noticias relacionadas