Os primeiros 31 premiados por comprar no pequeno comercio lucense reciben os seus vales de 50 euros

A Alcaldesa e o Presidente da Federación de Comercio fixeron entrega dos cheques da campaña O Nadal Sorpréndete, impulsada polol Concello y o colectivo de comerciantes para dinamizar o sector nas datas de Nadal

A Entidade local completa esta iniciativa facilitando catro liñas de buses urbáns gratuitas que pasan polo centro para atraer clientes

Martes, 29 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os primeiros 31 premiados por comprar no pequeno comercio lucense reciben os seus vales de 50 euros

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, fixeron este martes a primeira entrega de cheques de 50 euros da campaña O Nadal Sorpréndente, impulsada polo Concello e o colectivo de comerciantes para dinamizar o sector nas datas navideñas atraendo clientes ao centro. No acto, que tivo lugar no Salón de Plenos, 31 persoas recibiron da man de Méndez e Seijas os primeiros vales, que poderán canxear no pequeno comercio da cidade. Celebraranse outras dúas entregas nos vindeiros días, ata completar os 100 cheques, que suman un valor total de 5.000 euros.

Os premiados son sorprendidos por diferentes personaxes propios de Nadal, que percorren as rúas da cidade en busca de consumidores que mercan no pequeno comercio.

A Alcaldesa felicitou aos 31 primeiros gañadores dos cheques e agradeceulles que compren nas tendas da cidade, pois contribúen deste xeito a manter un sector fundamental en Lugo, que, segundo lembrou José María Seijas, xera o 14% do PIB e o 16% dos postos de traballo do municipio.

O Concello completa esta iniciativa para impulsar o sector comercial facilitando catro liñas de buses urbanos gratuítas que pasan polo centro, en concreto, pola rúa Bolaño Rivadeneira e a Praza de Santo Domingo. Ata o día 5 de xaneiro, de luns a venres e sábados á mañá –laborais- as viaxes serán de balde na liña 3 (de Ramil a Fingoi); 4 (da Tolda á Abella); 7A (das Gándaras ao cemiterio) e 6 (de Montirón á Residencia), e os sábados á tarde, domingos e festivos, as liñas 3AE, 4E, 5E e 6E.

Noticias relacionadas