A Praza Horta do Seminario converterase esta fin de semana en circuíto de karts coa 10ª Xirakarting

Na presentación do evento, a Alcaldesa fixo fincapé na importancia desta actividade para achegar o mundo do motor á familia, “e de facelo incentivamento a condución responsable dos moitos cativos que participarán neste evento”

Xirakarting permanecerá aberto de venres a domingo, de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. Logo desprazarase a Ourense, Santiago, Ferrol, A Coruña e Vigo

Luns, 23 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Horta do Seminario converterase esta fin de semana en circuíto de karts coa 10ª Xirakarting

A Praza Horta do Seminario converterase esta fin de semana en circuíto de karts coa 10ª edición de Xirakarting, un evento pionerio de kárting móbil en Galicia que foi presentado este luns no Salón de Plenos pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a directora de RGM Eventos, Raquel González, o xefe provincial de Deportes, Manuel Otero “Cadramón”, un representante da Federación Galega de Automobilismo, Ernesto Vázquez, o director de Márketing de Gadisa, Antonio Cortés, e a codirectora de Equigal, Ana Lago.

Durante o acto de presentación, a rexedora fixo fincapé na importancia desta actividade para achegar o mundo do motor á familia, “e de facelo incentivando a condución responsable dos moitos cativos que participarán neste evento”. Neste senso, Lara Méndez insistiu na importancia de involucrar aos pequenos no concepto de seguridade viaria e de achegalos aos bos hábitos na vía pública.

A Alcaldesa tamén subliñou a relevancia de acoller esta actividade para dinamizar a cidade, posto que durante os 3 días que están instalados os circuítos achegarase numeroso público, unha oportunidade para os negocios da zona. Lara Méndez animou aos lucenses a participar nesta actividade, “a gozar dun fin de semana sobre rodas en Lugo”, outra alternativa máis de lecer que se suma ás múltiples actividades que programa o Concello durante as fins de semana, como obradoiros ou andainas.

Pola súa banda, Cadramón puxo en valor o compromiso de Lugo co deporte os 365 días do ano ao tempo que subliñou a tradición e a pegada do automobilismo tanto na cidade como na provincia luguesa. “O Concello de Lugo é un exemplo a seguir, polo traballo, a aposta que fai polo deporte, ano tras ano en axudas, persoal e infraestruturas”, indicou.

Raquel González puxo en valor a creación de sinerxias entre institucións e empresas privadas para crear e continuar con actividades de calidade, como Xirakarting, aspecto no que tamén incidiu a rexedora, manifestando as vantaxas desta unión “ para buscar de xeito común o desenvolvemento económico dunha cidade”.

Horarios e actividades

Xirakarting é unha actividade dirixida tanto aos máis cativos como a adultos, que pretende achegar, a través de circuítos urbanos de karts, o mundo do motor ás familias de xeito económico. Este evento arrincará o venres 27, día no que partiparán escolares de Lugo de maneira gratuíta invitados polo Concello, e continuará o sábado 28 e o domingo 29 de maio, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. Logo desprazarase a Ourense, Santiago, Ferrol, A Coruña e Vigo. A entrada de adulto custa 10 euros e a dos cativos, 7 euros. Pódense conseguir descontos nas redes sociais oficiais de Xirakarting e invitacións e vales en Gadis, das que deu conta Antonio Cortés. Ademais existen promocións para familias, mozos, grupos e para conductoras.

Esta décima edición inclúe probas puntuales para a competición dos máis pequenos, de 4 a 7 anos, a denominada Rockies Cup, “que suma kárting de diversión con kárting de competición”, tal e como o definiu Ernesto Vázquez, co obxectivo de xerar canteira de pilotos en Galicia. Para o mellor participante, haberá unha beca. Ademais de circuítos de karts, neste evento haberá outras alternativas de lecer como hinchables.

Co XiraKarting tamén coincidirá o I Salón do Cabalo en Familia, tal e como anunciou Ana Lago na presentación, quen informou que se realizarán actividades comúns entre ambos evetos para todos os públicos.

Máis información na web www.xirakarting.com e nas redes sociais desta cita. 

Noticias relacionadas