Domingo, 12 de abril de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
A web do Concello de Lugo, que ata agora estaba aloxada no dominio www.lugo.gal, mudará desde o vindeiro martes, día 14 de abril, ao dominio www.concellodelugo.gal.
Así mesmo, www.lugo.gal será a dirección da Sede Electrónica do Concello de Lugo.
O cambio efectuarase na tarde do luns. A área de Comunicación municipal lamenta as molestias que este cambio pode causar nas primeiras horas.