A xornada de portas abertas no Cuartel de San Fernando, un éxito rotundo de participación mostra da demanda social unánime para convertelo en Museo da Romanización

A alcaldesa, Lara Méndez, agarda que, ante a excelente resposta cidadá á iniciativa municipal, a Xunta recapacite e recupere o proxecto canto antes

Luns, 18 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A xornada de portas abertas no Cuartel de San Fernando, un éxito rotundo de participación mostra da demanda social unánime para convertelo en Museo da Romanización

Ás dez da mañá abría hoxe as súas portas o Cuartel de San Fernando, dentro da xornada organizada polo Concello de Lugo para amosar á veciñanza o estado de conservación no que se atopa este edificio.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, eran os encargados de recibir ás primeiras visitas nas que ademais dunha ampla representación do tecido social e institucional do municipio participaron numerosos cidadáns interesados en descubrir cal é a situación actual da construción.

“A resposta social a esta convocatoria demostra que é unha preocupación unánime o sentir da poboación lucense polo futuro deste inmoble como tamén o é a demanda para recuperar o proxecto, paralizado en 2013, para convertelo no gran Museo da Romanización do noroeste peninsular. Un singular continente para o que gardamos un extenso e valioso contido que estamos desexando poñer en valor para salientar, unha vez máis, a magnitude e importancia do noso patrimonio e da nosa historia, máis viva ca nunca”, subliñou a rexedora quen aproveitou para achegar o seu “agradecemento a tódolos colectivos e persoas que a título individual están a apoiar esta reivindicación”.

Lara Méndez agarda que, ante a execelente reacción da cidadanía á iniciativa do goberno local, a Xunta de Galicia recapacite e retome o máis axiña posible a intervención xa comprometida hai máis dun lustro para reformar o Cuartel, sobre o que, en breve, se actuará de novo co fin de atallar os últimos danos detectados froito da falta de uso.

A xornada de portas abertas desenvolverase durante todo o día, ata as seis da tarde con visitas guiadas cada media hora nas que os técnicos de Evislusa explicarán o contexto histórico e arquitectónico da edificación, a súa relevancia a nivel estatal así como outros detalles como as catas arqueolóxicas quen se desenvolveron no seu interior ou o devir urbanístico que sufriu ata a o día de hoxe.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o cuartel de San Fernando | Descargar mp3

Multimedia

  • A xornada de portas abertas no Cuartel de San Fernando, un éxito rotundo de participación mostra da demanda social unánime para convertelo en Museo da Romanización

Noticias relacionadas