Lugo declara "non grata" á Manada

Os seis grupos políticos da Corporación Municipal acordaron antes do Pleno, na Xunta de Voceiros previa ao comezo da sesión, unha declaración institucional, "que vén a manifestar a repulsa e o rexeitamente social a unha conducta"

"Trátase de que teña carácter educativo e pedagóxico, co que mandamos unha mensaxe de que estamos en contra da falta de igualdade e dos abusos por violencia dun xénero sobre outro", subliñou Lara Méndez

Xoves, 28 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os seis grupos políticos da Corporación Municipal acordaron este xoves antes do Pleno, na Xunta de Voceiros previa ao comezo da sesión, unha declaración institucional para declarar "personas non gratas" aos 5 membros da Manada.

Tal e como manifestou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, "esta declaración vén a manifestar a repulsa e o rexeitamente social a unha conducta e a este tipo de actitudes, que non son illadas, que neste caso é nominativamente ás dos cinco compoñentes da Manada, pero que se pode facer extensivo a tantos e tantos casos e a outros tantos intentos".

"Trátase de que teña carácter caracter educativo e pedagóxico, co que mandamos unha mensaxe de que estamos en contra da falta de igualdade e dos abusos por violencia dun xénero sobre outro", subliñou a rexedora.

O documento aprobado é o seguinte:

A posta en liberdade, por parte da Audiencia Provincial de Navarra, dos cinco membros de “ La Manada”, despois dunha sentenza que os condenaba a 9 anos de condena por abusos sexuais e por roubo con intimidación, supuxo un duro golpe para as mulleres vítimas de violacións ou abusos sexuais. Tamén xerou rexeitamento e alarma social que levou a mobilizarse nas rúas a miles de persoas en múltiples municipios.

As institucións deben tomar iniciativas encamiñadas a educar e prever todo tipo de violencia machista, pero tamén visibilizar feitos que son un clamor social. Feitos coma este en cuestión, que amosou que a sociedade está camiñando por diante das institucións, da lexislación e da propia xustiza, o cal simboliza que estamos nunha situación na cal a xente pide cambios de fondo.

O Concello de Lugo, sensible ante a dor da vítima de “La Manada” e doutras vítimas de feitos que denigran  as liberdades das mulleres, non pode pasar por alto esta situación.

No pasado mes de maio aprobouse unha declaración institucional expresando o rexeitamento ao fallo da sentenza xudicial ao grupo de “La Manada”, e agora temos que dar un paso máis, declarando persoas non gratas aos membros de “La Manada”,  instando a FEGAMP a trasladar aos municipios aos que representan que se pronuncien neste sentido. As mulleres e homes dos concellos galegos non aceptamos a individuos que son capaces de intimidar, roubar e violar a mulleres, e que polo tanto non son benvidos.

Por todo isto, este pleno municipal acorda declarar aos cinco membros do grupo coñecido polo nome de “La Manada”, José Ángel Prenda Martínez, Ángel Boza Florido, Antonio Manuel Guerrero Escudero, Alfonso Jesús Cabezuelo, Jesús Escudero Domínguez, condenados a 9 anos de prisión por abusos sexuais e roubo con intimidación, como persoas non gratas dentro do termo municipal de Lugo.

Audio

  • A alcadesa Lara Méndez, sobre o manifesto en contra de A Manada | Descargar mp3

Noticias relacionadas