Medio centenar de emprendedores e empresas participan nun novo almorzo de negocios de Localmente Lucense en As Gándaras

O obxectivo desta actividade, impulsada polo executivo de Lara Méndez, é poñer en contacto aos negocios de Lugo para crear sinerxias e impulsar a economía local.

Xoves, 16 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio centenar de emprendedores e empresas participan nun novo almorzo de negocios de Localmente Lucense en As Gándaras

A edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, participou este mércores nun novo almorzo de negocios da campaña Localmente Lucense, que tivo lugar no Restaurante As Brasas, na Calzada das Gándaras, e ao que asistiron medio centenar de emprendedores e empresarios da cidade.

Esta actividade de networking está enmarcada no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, posto en marcha polo goberno de Lara Méndez. A súa finalidade é poñer en contacto aos negocios da cidade para crear sinerxías e impulsar a economía local. En total, celebraranse doce almorzos ao longo do ano en diferentes zonas da cidade, facilitando así a creación de lazos entre o tecido empresarial lucense.

Localmente Lucense, un movemento pioneiro

O movemento Localmente Lucense, que se impulsa desde a área de Desenvolvemento Local e Emprego, coa concelleira Ana González Abelleira ao fronte, enmárcase na Estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo, deseñada pola rexedora para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19. Inclúe dous piares fundamentais:

Por unha banda, o Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial dentro do cal se realizarán, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas  de formación en áreas como administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática e comunicacións, internacional, marketing dixital, packaging, promoción e venda; asesoramento ‘in situ’ sobre escaparatismo ou iluminación; xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello; ou e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E por outra, un Plan de dinamización de barrios, que se desenvolve por cinco zonas da cidade, incluíndo todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños nas rúas.

Multimedia

  • Medio centenar de emprendedores e empresas participan nun novo almorzo de negocios de Localmente Lucense en As Gándaras

Noticias relacionadas