O Concello de Lugo suspende as liquidacións das taxas dos servizos que a cidadanía non utilice

A alcaldesa Lara Méndez sostén que “estamos avanzando en todas as medidas que desde o Goberno local podemos aplicar para que a situación sexa o menos lesiva para a veciñanza”

Xoves, 19 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo suspende as liquidacións das taxas dos servizos que a cidadanía non utilice

O Goberno de Lara Méndez suspenderá as liquidacións das taxas dos servizos municipais que están pechados e que a veciñanza non está a utilizar debido ás medidas decretadas polo estado de alarma para frear o contaxio do coronavirus, como poden ser as escolas infantís municipais, as instalacións deportivas ou a Escola Municipal de Música.

Esta suspensión se manterá durante o tempo que se prolonguen as medidas preventivas na loita contra a pandemia.

“Estamos avanzando en todas as medidas que dende o Goberno local podemos aplicar para que esta situación sexa o menos lesiva posible para a veciñanza de Lugo”, sostivo a rexedora, ao tempo que lle pediu á cidadanía paciencia, serenidade e responsabilidade para cumprir todas as medidas dispostas “co fin de, entre todos e todas, gañar esta batalla”.

Noticias relacionadas