A Alcaldesa entrega os pases para ver a Volta a pé de meta aos gañadores do sorteo posto en marcha polo Concello

Lara Méndez, quen subliñou a expectación que está a levantar a Volta, agradeceu a boa acollida deste certame, no que participaron un cento de persoas

Martes, 23 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa entrega os pases para ver a Volta a pé de meta aos gañadores do sorteo posto en marcha polo Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este mediodía as entradas para vivir mañá a Volta Ciclista a pé de meta aos gañadores do concurso posto en marcha polo Concello a través de Facebook, con motivo da chegada deste evento á cidade. Lara Méndez, quen subliñou a expectación que está a levantar na cidade a Volta, agradeceu a boa acollida deste certame, no que participaron un cento de persoas, así como as recomendacións da cidade que facían os participantes, ao tempo que felicitou aos gañadores.

Este concurso, que se pechou onte ás 12:00 horas, tivo un alcance de 20.000 persoas e a publicación foi compartida máis de 40 veces. Os premiados, a través dun sorteo ao azar, foron Rafael Rodríguez, Belén Vázquez, Araceli Peón, Carlos José López, Lucía Cierna e Javier Fouce. A entidade local tamén estableceu unha lista de suplentes.

Multimedia

  • A Alcaldesa entrega os pases para ver a Volta a pé de meta aos gañadores do sorteo posto en marcha polo Concello

Noticias relacionadas