Lara Méndez recibe no Concello aos integrantes do Chuché, equipo lucense vencedor da Olimpíada española de mus

A rexedora trasladou os seus parabéns aos membros do grupo que se alzaron co título nacional, impoñéndose a outros 48 conxuntos de todo o país.

Mércores, 13 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Concello aos integrantes do Chuché, equipo lucense vencedor da Olimpíada española de mus

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu a visita este mércores no Concello aos integrantes do Chuché, equipo formado por unha decena de amigos e clientes do bar homónimo situado na Praza do Campo Castelo, que se proclamaron campións nacionais nas quintas olimpíadas de mus celebrada este mes en Torrexón de Ardoz (Madrid).

A rexedora, que estivo acompañada pola Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira trasladou os seus parabéns aos membros do equipo, capitaneados por Elías Vázquez, pois tras conseguir o título de campións de Liga na nosa cidade, foron quen de alzarse co primeiro posto do torneo nacional impoñéndose a outros 48 equipos de toda España”.

Lara Méndez subliñou que “a fazaña ten máis mérito se cabe, xa que comezaron a xogar hai relativamente pouco, un ano antes da pandemia, e aínda así superaron aos outros 500 xogadores que se deron cita nestas olimpíadas”.

O Chuché está integrado por Jose Elías Vázquez (Bar Chuché), Manuel Vázquez (Bar Vitato), Ibán Figueroa (Tapería 101 Vinos), Fernando García, Rafael Fernández, Manuel Castro, Emilio Ruiz, Marcos Sánchez, José Luis Pelarigo e José Ángel Álvarez.

Noticias relacionadas