O Concello explora a existencia de augas termais no río Miño, para que lucenses e visitantes teñan unha alternativa máis para gozar de Lugo

A entidade local contratou un estudo histórico xeolóxico das marxes do río, "onde vemos un posible futuro enriquecedor para a cidade, e polo tanto, de autoestima para Lugo", tal e como subliñou a Alcaldesa

A investigación inclúe vaciado documental e bibliográfico e traballo de campo cos veciños do barrio da Ponte, para logo determinar as características da auga e orixe xeológico do manantial. Tamén contempla a evaluación dun novo aproveitamento de ditas augas e un plan de actuación

 

Venres, 10 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello está a explorar a existencia de augas termais no río Miño. Así o deu a coñecer este venres a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na Ponte Romana, un enclave que o Goberno quere rentabilizar. Para elo, e tendo coñecemento de que existe a posibilidade de que nas inmediacións existan reservas de auga termais, a entidade local contratou un estudo histórico xeolóxico das marxes do Miño, ao seu paso por Lugo, para confirmar a localización de ditas augas a carón do río, "onde vemos un posible futuro enriquecedor para a cidade, e polo tanto, de autoestima para Lugo". Desta investigación faise cargo o Centro de Estudos da Historia da Cidade, dependente da USC.

Este estudo, centrado máis na marxe dereita do río e que está a desenvolver un equipo interdisciplinar de profesionais dende xeológos a arqueológos, permitirá o vaciado documental da información conservada nos fondos municipais ou nos arquivos, relativo ao barrio da Ponte, San Lázaro, Ribeira, Cuíña e Tolda de Castela; o vaciado bibliográfico da información relativa ao Balneario de Lugo e traballo de campo coa poboación do barrio da Ponte para recabar información sobre a existencia de pozos ou manantiais de augas termais ou sulfurosas na zona; para posteriormente determinar tanto as características das augas e o orixe xeolóxico do manantial como os límites do entorno de protección do Balneario Actual, que limitarán a ubicación dun novo aproveitamento. Ademais, este estudo inclúe a evaluación das posibilidades do posible novo aproveitamento e a realización dun plan de prospección das augas subterráneas, definindo un plan de actuación para localizar a situación do que podería ser un novo aproveitamento das augas termais.

"É certo que o disfrute do Miño está moitísimo máis potenciado pola marxe esquerda, pero o noso compromiso é apostar por todos os barrios. É que menos que apostar por un dos barrios máis senlleiros de Lugo, polo barrio da Ponte", subliñou Méndez.

A rexedora explicou que as augas termais teñen, ademais dos beneficios para a saúde, beneficios para facer de Lugo a cidade de referencia do norte de España. O Goberno quere ofrecer algo singular: cultura, gastronomía, paisaxe e agora, augas termais a carón da Ponte Romana. "Os veciños e veciñas teremos unha alternativa máis para gozar de Lugo e os visitantes unha máis para visitarnos. Porque, como me gusta dicir, Lugo é experiencia e é como che fai sentir cando estás aquí", concluíu a Alcaldesa.

Noticias relacionadas